Fisioterapia deportiva en Santiago de Compostela
No Centro Falguera tratamos lesións musculoesqueléticas de deportistas e de persoas activas cun obxectivo claro: reducir a dor, recuperar a mobilidade e devolverte á túa actividade diaria ou ao teu deporte.
Que tratamos
Valoramos e tratamos unha ampla gama de lesións musculoesqueléticas: lesións musculares, tendinosas e articulares, dor de costas ou de pescozo, sobrecargas deportivas e molestias que se repiten. Cada caso comeza cunha valoración minuciosa da patoloxía, para entender que pasou e por que.
Como traballamos
- Valoración detallada da lesión e dos seus factores de risco
- Terapia manual e exercicio terapéutico
- Electrolisis percutánea (EPTE) e neuromodulación cando están indicadas
- Ecografía musculoesquelética para localizar a lesión con precisión
Traballamos en equipo multidisciplinar e, cando é necesario, en comunicación cos profesionais sanitarios de referencia, incluído o servizo de traumatoloxía.
Da dor á volta á actividade
Acompañámoste en todo o proceso, desde a primeira consulta ata a volta á vida diaria ou ao deporte. Se a lesión o require, continuamos coa readaptación para reducir o risco de recaída.
Quen te atende
O noso equipo de fisioterapia (Marta, Leyre e Manuel) conta con formación en terapia manual ortopédica, fisioterapia e readaptación deportiva, exercicio terapéutico, ecografía e EPTE.
Preguntas frecuentes
Como pido cita de fisioterapia?
Podes reservar online desde esta web ou chamar ao 698 109 450. Estamos na Rúa do Valiño, 65, Baixo 4, en Santiago de Compostela.
Atendedes só a deportistas?
Non. Atendemos a deportistas, persoas con lesións, clubs deportivos e poboación xeral activa.
Reserva a túa cita
Valoramos o teu caso desde a primeira consulta.