Nutrición deportiva en Santiago de Compostela
Orientámoste para que acades os teus obxectivos nutricionais dunha forma flexible e adaptada ao teu contexto, mellorando a túa saúde, a túa relación coa comida e o teu rendemento deportivo.
Nutrición flexible e personalizada
Adaptamos as pautas ao teu día a día, ao teu deporte e ás túas preferencias. A periodización nutricional axusta a alimentación a cada momento da túa tempada ou do teu proceso de recuperación.
Que inclúe
- Valoración inicial e obxectivos
- Pautas de alimentación personalizadas
- Periodización da dieta segundo o teu adestramento
- Valoración antropométrica (ISAK) cando é necesaria
Quen te atende
Oliver, graduado en Nutrición Humana e Dietética (USC) e antropometrista ISAK Nivel I.
Preguntas frecuentes
A dieta é igual para todo o mundo?
Non. Cada plan adáptase ao teu contexto, ao teu obxectivo e á túa actividade física.
É só para deportistas?
Non. Traballamos tanto con deportistas como con persoas que queren mellorar a súa saúde e a súa relación coa comida.
Reserva a túa cita
Valoramos o teu caso desde a primeira consulta.