Readaptación de lesións en Santiago de Compostela

O noso obxectivo é acelerar a túa recuperación e previr novas lesións derivadas da práctica deportiva, cun traballo coordinado entre fisioterapia e ciencias da actividade física e do deporte.

En que consiste

A readaptación é a ponte entre a fase de dor e a volta real á túa actividade. Traballamos sobre os factores de risco que levaron á lesión e adaptamos de forma progresiva os tecidos danados para que o risco de recidiva sexa o menor posible na volta ao deporte ou á vida diaria.

Como o facemos

  • Valoración inicial e definición do obxectivo de volta á actividade
  • Exercicio terapéutico e forza adaptados a cada fase
  • Progresión con criterios obxectivos, non só coa sensación de dor
  • Prevención de lesións e traballo funcional específico do teu deporte

Avaliamos, tratamos e progresamos cada caso con criterios obxectivos e formación especializada.

Un equipo, un só plan

Fisioterapeutas e especialistas en ciencias da actividade física e do deporte traballan de forma coordinada e, cando é necesario, en comunicación cos profesionais sanitarios de referencia, ata o momento da volta ao deporte ou á vida diaria.

Para quen é

Para deportistas de calquera nivel, persoas que se lesionaron facendo exercicio e clubs deportivos.

Preguntas frecuentes

Cando convén comezar a readaptación?

Canto antes se valore a lesión, mellor se pode planificar o proceso. Na primeira consulta definimos contigo en que fase estás e que necesitas para volver.

Traballades con clubs e deportistas de competición?

Si, atendemos a deportistas de calquera nivel e a clubs deportivos.

Reserva a túa cita

Valoramos o teu caso desde a primeira consulta.