Adestramento persoal en Santiago de Compostela

Axudámoste a mellorar a túa forma física para que acades o teu obxectivo: atoparte mellor no día a día, preparar unha carreira ou dar un paso máis na túa disciplina deportiva.

Un plan feito para ti

Cunha orientación e unha planificación personalizada traballamos de forma conxunta para chegar á túa meta, xa sexas un deportista de alto rendemento que busca un punto máis na súa disciplina ou simplemente queiras sentirte mellor no día a día.

Que inclúe

  • Valoración inicial e definición de obxectivos
  • Adestramento funcional e preparación física
  • Traballo de rendemento deportivo
  • Planificación accesible desde a nosa web e a nosa app de exercicios

Adestramento e saúde, xuntos

Ao traballar baixo o mesmo teito que fisioterapia e nutrición, o teu adestramento pode coordinarse coa recuperación dunha lesión ou coa túa planificación nutricional.

Quen te adestra

Os nosos graduados en Ciencias da Actividade Física e do Deporte (Yeray e José Antonio) contan con másteres en prevención e readaptación de lesións deportivas e en alto rendemento en deportes de equipo e fútbol.

Preguntas frecuentes

Hai que ser deportista?

Non. Traballamos tanto con deportistas de alto rendemento como con persoas que simplemente queren sentirse mellor no seu día a día.

Podo combinalo con fisioterapia ou nutrición?

Si. Os tres servizos están no mesmo centro e traballan de forma coordinada.

Reserva a túa cita

Valoramos o teu caso desde a primeira consulta.